O modelo de maestranza, segundo a autora, vai intimamente ligado á organización dos arsenais e esta adáptase ás diversas Ordenanzas de 1717 e 1748.A distribución dos traballos por gremios, a descrición das condicións de traballo e a súa organización son analizados por Manuela Santalla.
Este achegamento vese facilitado e arrequecido tanto polo extenso apéndice documental, que permite así acceder directamente ás fontes, como pola reproducción de planos e ilustracións da época, así como polas recreacións realizadas para esta edición polo artista Xoán Braxe.